Search
Filtros
Exact matches only
Filter by Custom Post Type

Cabanillas/ Otero Pedrayo

Autor: Castelao Mexuro, Manuel
ISBN: 9788484875604
Editorial: Edicions LAiovento
Género:
IBIC: DSK "Estudios literarios: ficción, novelistas y prosistas"

$739.00 MXN

Descripción

Todo o fulgor da época 0201CNós0201D fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as 0201Csagas0201D artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político cultural, e deu á luz unha obra prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade. Conclúe así Laiovento a publicación da viaxe de Manuel Castelao Mexuto pola literatura galega de Novecentos, que comezou co volume dedicado a Os eidos, de Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio, e continuou cos que tiveron por obxecto De catro a catro, de Manoel Antonio, e O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro. Todos eles compón a serie que designamos cun nome inequívoco 0201CUn modo de ler0201D, pois do que se trata, xustamente, é de reivindicar a literatura como experiencia onde se unen o gozo e a reflexión en feliz e incesante vaivén.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Cabanillas/ Otero Pedrayo”