Search
Filtros
Exact matches only
Filter by Custom Post Type

O portugués esquecido

Autor: Sánchez Rei, Xosé Manuel
ISBN: 9788484875628
Editorial: Edicions LAiovento
Género:
IBIC: CBX Lenguaje: historia y obras generales

$1,183.00 MXN

Descripción

Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos, e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes. NOTA Á SEGUNDA EDICIÓN Transcorridos apenas algúns meses desde que este traballo foi dado a lume pola primeira vez, a boa acollida que tivo evidenciou a necesidade dunha nova saída do prelo. Vaia a nosa gratitude, antes de máis, para todas as persoas que mostraron interese por el, as cales, parafraseando a citación de Estevan da Guarda que abre as portas da obra, enveredaron os camiños 0201Cd02019antre Doiro e Minho0201D d02019O portugués esquecido. Precisamente, varias desas lecturas que fixeron amizades e colegas serviron para repararmos nalgunha gralla, ao paso que tamén se tornaron úteis para reflectirmos á volta de determinadas cuestións ou sobre a focaxe aplicada a diversas temáticas. A actual segunda edición, grazas á xentileza de quen leu o texto ao pouco de ser publicado, emenda eses pequenos erros de que puidemos ter noticia, en canto mantén os mesmos capítulos e contidos que a primeira caso haxa oportunidade no futuro, aqueles e estes poderán ser debidamente actualizados. Finalmente, non quereriamos deixar de aproveitar a oportunidade para agradecermos a Laiovento o facto de apoiar con entusiasmo a publicación deste estudo, xa agora no seu segundo lanzamento ao público. Sen dúbida, a Galiza que soñamos ficaría máis lonxe sen proxectos como o que representa aquela feliz aventura nada en 1990 e que fai da lingua e da cultura galega e en galego a razón da existencia da editora. Agra do Orzán, A Coruña, Febreiro de 2022

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O portugués esquecido”